06/05/21 – Comunicado XXXVI Rali Berberecho de Noia

11/04/21 – Comunicado XXXVI Rali Berberecho de Noia
11 abril, 2021
06/05/21 – Aclaración ó Comunicado da FGA (065/21)
6 mayo, 2021
11/04/21 – Comunicado XXXVI Rali Berberecho de Noia
11 abril, 2021
06/05/21 – Aclaración ó Comunicado da FGA (065/21)
6 mayo, 2021

Desde a Escudería Berberecho, organizadora das 35 edicións celebradas do Rali de Noia, queremos mostrar o noso rotundo malestar co modus operandi da Federación Galega de Automobilismo e os seus representantes, que, no día de onte, sen previo aviso nin comunicación algunha posterior cara a unha entidade organizadora con tanta historia como a nosa, procedían a excluír a nosa proba do calendario galego de rallies, co fin de incluír unha proba de nova creación.

Sen dúbida, sentimos danada a imaxe e a traxectoria do grupo de persoas que conformamos a Escudería Berberecho, que en ningún momento transmitiramos outra intención que a de sacar adiante a 36 edición do Rali Berberecho de Noia, na que estivemos traballando estes dous últimos anos, nos que a situación pandémica obrigou a moitas outras organizacións a aprazar as súas competicións.

Por todo isto, desde a nosa organización, co fin de seguir traballando en post do automobilismo e o deporte en xeral da nosa rexión, e da man de todos os concellos que apoiaron unha das citas máis recoñecidas cada tempada do calendario, buscaremos unha alternativa para que o Rali Berberecho de Noia siga sendo unha cita ineludible para os centos de miles de afeccionados que seguen o noso deporte.

Asinado
Xunta Directiva da Escudería Berberecho

Deja una respuesta