Comunicado Oficial
24 abril, 2017Regulamento Particular XXXIV RaliNoia
1 marzo, 2018¿Gústanche os ralis? ¿Queres vivilo desde dentro? ¿Apetéceche colaborar ca nosa Escudería?
En tódalas probas automobilísticas fan falta unha serie de profesionais que se encargan de que todo se faga acorde ó reglamento e tamén de darlle solución a calquer problema que se xere. Hai varios tipos: oficial de ruta, cronometrador, comisario técnico, comisario deportivo, director de carreira, secretario de carreira, etc.
O oficial de ruta encárgase entre outras cousas de levar o control de paso dos participantes do rali, velar pola seguridade tanto do espectador, como dos participantes, vixiar que non se fagan trampas, sacar as bandeiras si se necesita señalizar algún perigo ou risco, etc.
É, ó igual que os outros tipos de oficiais, importante e necesario para a celebración dunha proba de rali, xa que sin eles, non sería posible disputala.
É por iso, que o próximo sábado, día 3 de Febreiro, daremos un curso para novos oficiais de ruta. Tanto si che gusta, como si tes curiosidade, apúntate! Quen sabe, igual pensas que iso non é para ti e te sorprendes.
O curso terá lugar na Casa da Cultura de Noia, de 9:30 a 14:00, e será impartido por profesionais que levan metidos moito tempo neste mundo.
Se queres anotarte, podes facelo de dúas formas. Cubrindo o seguinte formulario, ou mediante mensaxe privado no Facebook da Escudería.