Saíndo de Noia dirección Santiago de Compostela pola AC-311, enlazamos ca AC-543, onde temos dúas opcións:

     1º: Ó pasar a rotonda de Sampaio, coller a primeira saída, indica San Xusto, e tras 25 metros o cruce á dereita que indica Broña, e ós 200m encontramos o tramo.

    2º: Se avanzamos ata o kilómetro 23, onde tomaremos o cruce á dereita que indica “Mirador de Culou”, e tras 1 km atoparemos a SAÍDA.

          Si saímos da Alameda de Noia dirección Santiago pola AC-311, ó chegar ó Km. 1, na Fialla, collemos o cruce á esquerda xunto á marquesina, e entramos na DP-5702. Despois de 350m, chegamos a un STOP, no que si seguimos recto, atoparemos a META.

          Tamén atopamos outras opcións saíndo de Noia pola AC-311, e tras 3 km, tomamos o cruce que indica “Albariza”, “Igrexa de San Martiño de Lesende” onde:

    A): Tras 2´8 km, ó pasar a aldea de Horta, xiramos á esquerda no cruce que indica “Campo de Fútbol de Cabanatán”, xunto a unha torreta eléctrica, e a 400m está o treito.

    B): A 5 km, xunto á Iglesia de Lesende, xiraremos no cruce á esquerda, onde atopamos o treito a 500 m.

    C): Se despois do cruce anterior, ós 25m tomamos o cruce estreito á dereita, rodeando a casa de pedra; chegaremos a un cruce da especial despois de 400 m.

 

Para chegar a este tramo, temos que saír de Noia dirección Muros pola AC-550. Ó chegar á rotonda de Orro (Do Corredor) tomamos a segunda saída, Dirección “Outes”, “Muros”, pola AC-550, ata chegar ó Km 68, onde nos desviamos á dereita, pola indicación de “Outes”, “Pino do Val”, “Santa Comba”. 3 km despois, antes da Ponte xunto ó Concello de Outes;  xiramos á dereita cara a DP-5604 (indica “Santa Comba”, “Negreira”, “Pino do Val”), e cando levemos un kilómetro temos que seguir recto pola DP-4502. 11,5 km despois, atopamos a rotonda de Pino do Val, onde:

          Se collemos a 3ª saída cara a DP-3404, indica “Mazaricos, A Picota”, despois de 4,500 km xiraremos no cruce á esquerda, dirección “Beba, Coirós, Suevos”; pola DP-4501, onde, sen desviarnos, atoparemos o treito a 3,9 km.

 

          Se na rotonda de Pino do Val, collemos a 4ª saída, dirección “Muros,AC-440”, temos varias opcións:

1ª: Ó chegar ó Km. 75,800, xiramos á dereita dirección “Godón”, “Xesto”; tras 1,6 km encontramos a especial.

2ª: Se no Km. 80, xiramos á dereita cara “Coiro, Beba, Mazaricos”; atoparemos o treito a 2,250 km.

3ª: Se xiramos á dereita no Km 80,300; dirección “A Manda, Fornís”; tamén encontraremos o treito despois de 1.700 m.

4ª: Xirar á dereita ó chegar a Paxareiras, no Km 83,700 hacia “Arcos, Colúns”; e sen desviarnos, recorrer 6,100 km, e ó chegar a unha marquesina coller un cruce á dereita que indica Figueira, por onde teremos que avanzar 1,6 km ata coller o seguinte cruce á dereita. Outros 1.600 m despois, temos un cruce con dúas opcións:

        A): Seguir recto, e atopamos o treito a 650 m.

        B): Xirar á esquerda, e tamén atopamos o treito a 650 m (Acceso recomendado para ir á conocida zona dos rasantes)

Para chegar a este tramo, temos que saír de Noia dirección Muros pola AC-550. Ó chegar á rotonda de Orro (Do Corredor) tomamos a segunda saída, dirección “Outes”, “Muros”, pola AC-550, ata chegar ó Km 68, onde nos desviamos á dereita, pola indicación de “Outes”, “Pino do Val”, “Santa Comba”.

          Unha vez situados no centro da Serra de Outes, tras cruzar a ponte xunto ó Concello de Outes, desviámonos pola DP-3404 cara “Mazaricos 18, Santa Comba 33”; ós 200 metros, chegamos a un CEDA nunha farmacia onde:

     A): Se o tomamos recto, dirección “Valadares” pola DP-6202, despois de 10´5 km, chegamos a un STOP no que accederemos á AC-400 xirando á dereita, indicacións “Pino do Val”, “Santa Comba”; onde tras 3´5 km, chegamos a unha rotonda onde tomaremos a 1ª saída dirección “Serra de Outes” pola CP-3404, e tras 1,6 km accedemos ó treito. (Opción recomendable para o público que acceda dende o treito de Senra Sport)

     B): Se xiramos á dereita pola DP-3404, seguindo as indicacións de “Cee”, “Mazaricos”, “Santa Comba”; atoparemos o treito despois de 5 km sen desviarnos.

 

 

Saíndo de Noia dirección Porto do Son pola AC-550, encontraremos todos os accesos a este tramo:

     1º: No Km. 84, xirar á esquerda cara a DP – 7101, no cruce que indica “Templo Santa María de Nebra”, “Capela de Foloña de Nebra”; onde, despois de 1,25 km, tras pasar os badéns, hai que xirar á dereita, indica “Carantoña 0´5”, “Tores 0´7”, “Orseño 0´9”; e a 150 metros encontramos o treito.

     2º: No Km. 84´6, ó chegar xunto ó Tanatorio de Porto do Son, xiraremos á esquerda. 850m despois, no STOP, volveremos a xirar á esquerda. A 200m, no seguinte STOP, xiraremos á dereita, para ós 10m, coller a pista cara a esquerda, por onde atoparemos o treito a 500m.

     3º: No Km. 85´7 tomar o cruce á esquerda xunta Agrobicho que indica “Castelo”, “Laranga”, “Monte Enxa”. Despois de 1,3 kms sin desviarnos, ó pasar un estreito de casas, xiraremos á esquerda; onde, despois de 1´8 km, chegamos a un cruce con dúas opcións:

           3.1: Si collemos á esquerda cara “Sendra 1´3”, “O Catadoiro 1´6”, “Toron 2´2”; tras 800m chegamos ó tramo.

           3.2: Si seguimos recto, tras 200m, chegamos a outro cruce no que:

              -A): Si seguimos recto pola indicación de “Udres”, “Pousacarro”, “Calvelle”; encontramos o tramo a 1,2 km.

              -B): Si xiramos á esquerda cara “Monte Enxa”, “Raña” e a 2,6 km volvemos xirar á esquerda, 1,5 km despois atopamos o treito. OLLO!! VÍA DE EVACUACIÓN!!!!

 

     4º: No Km. 88´1 de dita AC-550, si tomamos o cruce á esquerda pola DP-7102; que indica “Campo de Fútbol”, “Montemuíño”, “Cascada de Río Sieira”; atopamos a SAÍDA do treito.

 

   5º: No Km. 90´3 xiramos á esquerda cara “Templo de San Pedro de Baroña”. 300m despois, xunto á marquesina de pedra, seguimos as indicacións de “A Igrexa 0,4”, “Penas 1,3”, “Tarrío 1,7”, “Orellán 1,9”; 1 km despois encontramos o treito.